Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario DX0113/1
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Escultura
Título Rostro de estatua romana
Materia/Soporte Bronce
Ouro
Técnica Fundición
Dimensiones Cabeza: Altura = 80,67 mm; Peso = 191,73 gr; Anchura máxima = 66,46 mm
Descripción Conxunto conformado por doce fragmentos dunha estatua de tamaño natural correspondente a un emperador. Todos os fragmentos aparecen recubertos dunha fina película de dourado.
O fragmento máis representativo corresponde á parte anterior da cabeza, entre a fronte e a boca, con practicamente a totalidade do nariz e o ollo dereito. Ten unha altura máxima de 7 cm.
O resto pertence a partes do corpo entre os que destacan algúns fragmentos decorados con ondas e que corresponderían á cabeleira e outros con molduras, que parecen representar dobras da vestimenta, e algún outro decorado cunha moldura cun refundido rectangular para encaixar determinadas partes do corpo. O maior dos fragmentos mide 15 x 10 cm e o máis pequeno 4 x 3 cm. Un deles posue unha perforación cadrangular sobre baquetón de perfil cadrado. O grosor oscila entre 5 e 10 mm segundo os fragmentos. Nalguns deles descóbrese unha dobre capa fortemente adherida: por fora de bronce sobredourado e por dentro un alma de chumbo que tamén aparece noutro lingote solto.
Datación 81-96
Contexto Cultural/Estilo Alto Imperio Romano
Uso/función Decorativo / Propaganda imperial
Lugar de Procedencia Porto Quintela
Lugar Específico/Yacimiento Aquis Querquennis
Clasificación Razonada Na Gallaecia a escultura en bronce está ligada á arte culta. A técnica empregada para a elaboración destas estatuas é a coñecida como cera perdida. No mundo romano as estatuas en bronce considerábanse de maior importancia que as de mármore, e polo que sabemos eran moito máis numerosas. Pero as de bronce foron as que máis facilmente desapareceron, debido ao seu alto valor e as súas grandes posibilidades de reconversión, mediante a desmembración e refundición. As estatuas de ouro, aurea ou ex auro, ouro macizo, estaban reservadas para os deuses e emperadores divinizados, mentres que as imagines, estatuas auro inlustrae, auro fulgens, con sobredourado, e as de prata eran para emperadores vivos e membros destacados da familia imperial ou da orde senatorial.
Xunto con este apareceron outros once fragmentos da mesma natureza, pertencentes ao pelo e á roupaxe do representado. Os fragmentos están recubertos por unha fina película de ouro, segundo demostraron as análises, o que constitúe un indicio claro de que se trata dunha representación de rango. A pesar de contar con doce fragmentos, algúns de medidas considerables, ningún é o suficiente representativo para permitir identificar con claridade ao tipo representado.Todo induce a pensar que se trata da escultura dun emperador, posiblemente Domiciano, como efecto de su damnatio memoriae, xa que, coma en outros campamentos, a estatua do emperador acostumaba a exhibirse nos principia e dentro dun edículo propio. A fragmentación do monumento apoia esta hipótese, a pesares de que os fragmentos de Aquis non apareceron no principia, os escavadores do campamento documentaron no centro do patio deste espazo, unha estrutura que ben puido ter servido de base dun podio ou pedestal para a estatua do emperador. Esta situación estratéxica no centro do campamento permitiría ver a estatua desde diversos puntos, podendo participar un gran número de soldados nos actos de xuramento e representativos en honor do emperador. A localización dos fragmentos no interior dunha cisterna, fóra do que sería o seu lugar habitual, tamén nos pode axudar para a identificación do emperador representado na estatua. O único emperador que foi obxecto dunha damnatio memoriae, no período cronolóxico que abrangue o depósito, é Domiciano. Unha vez asasinado como consecuencia dunha conspiración de palacio, os senadores de Roma déronse presa para aprobar unha condena da súa memoria, polo que non sería nada estrano, que con tal motivo, a súa estatua fora destruída a tirada no interior dunha cisterna.
Bibliografía COSTA GARCÍA, J. M. Roda, I. Revisitando los asentamientos militares en la antigua Galicia: ¿centros de producción de consumo artístico?. Roma y las provincias: modelo y difusión. Roma: L´Erma di Bretschneider, 2011, II. pp. 756-757; Fig. 2.

Excavaciones arqueológicas en Aquis Querquennis. Actuaciones en el campamento romano (1975-2005) (Anejos de Larouco, 4). Lugo (l): 2006. 156-157.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Aquis Querquennis (Baños de Bande, Bande, Ourense). Arqueoloxía-Informes 2. Campaña 1988. Xunta de Galicia, 1991. pp. 77-79.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Aquis Querquennis. Campamento romano y Ciudad-mansión viaria. Campamento román e Cidade-mansión viaria. Porto Quintela - O Baño - Mugueimes (Ourense).

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Rostro de estatua romana. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 12/2010. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2010_12_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6